Un servizo de calidade o seu alcance
Mellore a sua calidade de vida contratando agora os nosos servizos. Non o pense máis e confíe en profesionais do sector que lle ofrecerán un trato personalizado, adaptado as suas necesidades en todo momento. Solicite máis información sen compromiso.
Sanamede, a sua empresa de confianza de axuda no fogar
Sanamede é unha empresa especializada no servizo de axuda a domicilio para persoas con dependencia e os seus familiares.
Ofrecémoslle un servizo integral para a sua maior comodidade, que lle permitirá dispoñer de máis tempo para vostede e estar tranquilo/a, xa que o seu familiar estará nas mellores mans.
O noso principal obxectivo é acadar unha maior calidade de vida a todos os nosos clientes, sexa cal sexa o seu grao de dependencia, potenciando para iso a sua autonomía en todo momento, aportándolle todo o apoio que precisan, reforzando a sua confianza.
Invitámoslle a coñecernos persoalmente e solicitar máis información sobre os nosos servizos sen compromiso, entre os cales atopará:
- Atención de carácter persoal.
- Atencións domésticas no fogar.
- Acompañamento fóra do fogar.
- Atención no hospital durante as 24 h.
- Respiro familiar para vacacións, viaxes, etc…
Galería de imaxes
Certificacións
Actualmente a nosa empresa dispón das seguintes certificacións:
–UNE-EN ISO 9001:2015: Esta Norma Internacional promove a adopción dun enfoque de procesos a desenrolar, implementar e mellorar a eficacia dun sistema de Xestión da Calidade, para aumentar a satisfación do cliente mediante o cumprimento dos requisitos da mesma.
–UNE 158301:2015: Esta Norma Internacional establece os requisitos mínimos que debe cumprir a prestación do Servizo de Axuda a Domicilio, para que as persoas atendidas dispoñan dun servizo de calidade e de promoción da autonomía persoal.
A obtención destas certificacións a través da recoñecida entidade acreditadora Applus Servicios Tecnolóxicos supón o recoñecemento da boa xestión da nosa empresa nas súas distintas áreas operativas, ofrecendo un servizo de calidade ó cliente, obxectivo principal de Sanamede S.L..
Para máis información visitar o apartado do menú CALIDADE>CERTIFICACIÓNS.