POLÍTICA DE CALIDADE

SANAMEDE é unha empresa especializada no servizo de axuda a domicilio para persoas con dependencia e os seus familiares.

Ofrecemos un servizo integral para a súa maior comodidade, o que lle permitirá dispoñer de máis tempo para vostede e estar tranquilo, xa que o seu familiar estará nas mellores mans.

O noso principal obxectivo é lograr unha maior calidade de vida para todos os nosos clientes, sexa cal sexa o seu grao de dependencia, potenciando para iso a súa autonomía en todo momento, aportándolle todo o apoio que precisan, reforzando a súa confianza.

Para cumprir todo o anterior, en SANAMEDE marcámonos as seguintes metas e asumimos o compromiso das mesmas:

  • Implantar e manter o noso Sistema de Xestión de Calidade e Xestión do Servizo de Axuda a Domicilio cumprindo os requisitos da norma internacional ISO 9001 e UNE 158301, para obter o recoñecemento dos nosos clientes e como unha garantía de mellora.
  • En relación os nosos/as usuarios/as:
    • Asistencia para erguerse e deitarse.
    • Apoio no coidado e hixiene persoal.
    • Apoio para cambios posturais e movilizacións.
    • Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
    • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
    • Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
    • Coidados básicos da vivenda.
    • Preparación de alimentos.
    • Axuda no hospital durante as 24 horas.
    • Respiro familiar para períodos vacacionais, fins de semana e viaxes.
  • Cumprir cos requisitos legais e reglamentarios vixentes na actualidade con respeto a nosa actividade, así como as esixencias contractuais.
  • Fortalecer e motivar a competencia e o rendimento de todo o persoal da nosa organización, xa que iso é a garantía de calidade de SANAMEDE.
  • Proporcionar os recursos precisos, tanto humanos como materiais para asegurar todo o anteriormente dito, e asegurarnos de alcanzar a excelencia do servizo e a satisfacción dos nosos clientes.
  • Implantar unha política de servizo basada na mellora continua, resolvendo problemas, analizando as causas e poñendo en marcha os mecanismos e as medidas adecuadas, e de este modo, aumentar a satisfacción dos nosos clientes.
  • A mellora continua, base da nosa empresa consecuente cos nosos obxectivos do Sistema de Xestión de Calidade, debe permitir aumentar o rendimento e a eficacia xeral da empresa, tendo en conta as necesidades, desexos e expectativas dos clientes, así como a evolución dos mesmos. Para iso revísase periódicamente a estratexia da empresa e o cumprimento dos obxectivos.

En SANAMEDE asegurámonos de que todo o persoal coñeza, comprenda e aplique na parte que lle afecta, esta política de calidade, os obxectivos de calidade, así como toda a documentación que compón este Sistema de Xestión da Calidade. Do mesmo xeito, a Política de Calidade será revisada periódicamente e comunicada tanto interna como externamente como garantía de éxito cos nosos clientes.

 

Xerencia

02/01/2020