CERTIFICACIÓNS

A entidade independente Applus+ certificou que SANAMEDE S.L. dispón dun Sistema de Xestión da Calidade conforme cos requisitos establecidos na norma UNE-NISO 9001:2015. Esta Norma Internacional promove a adopción dun enfoque de procesos ao desenvolver, implementar e mellorar a eficacia dun sistema de xestión da calidade, para aumentar a satisfacción do cliente mediante o cumprimento dos requisitos do mesmo.

Applus+ tamén certificou que o sistema de Xestión do Servizo de Axuda a Domicilio de SANAMEDE S.L. é conforme cos requisitos establecidos na norma UNE 158301:2015. Esta Norma Internacional establece os requisitos mínimos que debe cumprir a prestación do Servizo de Axuda a Domicilio, para que as persoas atendidas conten cun servizo de calidade e de promoción da autonomía persoal.

A obtención destas certificacións supón o recoñecemento por parte dunha entidade acreditada, da boa xestión da nosa empresa nas súas distintas áreas operativas, xa que esta norma esixe uns importantes requisitos para poder demostrar o seu cumprimento, e estrutúrase como un gran marco de actuación para que as entidades e empresas establezan procesos, protocolos para a prevención de non conformidades, e tarefas de mellora continua para toda a súa organización.

A continuación poderá visualizar os certificados (para ampliar información facer clic en cada un deles):